fío
(< lat filu)
-
s
m
Corpo de estrutura lineal, flexible e de lonxitude indeterminada, que é o resultado do tratamento dunha fibra téxtil e que se emprega para coser, tecer ou bordar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Fío e agulla é media vestidura. Ata o fío máis torcido se destorce. Polo fío sácase o novelo.”
Ex: Precisa outro carrrete de fío para rematar de coser a saia. O vestido tiña bordados de fío de ouro.
-
s
m
-
Fibra de liño ou cánabo.
-
Tecido de liño ou cánabo.
Ex: Con esta tea de fío farei unhas cortinas.
-
Conxunto de roupas feitas con liño ou cánabo.
Ex: A avoa aínda garda o fío que levou no seu enxoval.
-
-
s
m
Dirección que toman as fibras da urda dun tecido, ou as fibras da madeira.
Ex: A costura seguía o fío da tea. Verniza a táboa no sentido do fío da madeira.
-
s
m
Filamento de calquera material.
Ex: As arañas constrúen as arañeiras cun fío pegañento.
-
s
m
[TECNOL]
Metal estirado en forma de fío.
Confrontacións: arame. -
s
m
[TECNOL]
Corpo metálico flexible, de forma capilar e de lonxitude indefinida, xeralmente recuberto por unha capa illante, empregada para conducir a electricidade. O metal ten que ser un bo condutor eléctrico, como o cobre ou o aluminio. Empréganse normalmente un gran número de fíos paralelos para formar cables.
Confrontacións: arame, cable. -
s
m
Parte afiada dun instrumento cortante.
Ex: De cortar os ósos o coitelo perdeu todo o fío.
Sinónimos: gume. -
s
m
Corrente moi delgada e continua dun líquido.
Ex: Caíalle un fío de suor pola fronte.
-
s
m
Pequena cantidade de algo en forma lineal.
Ex: O cigarro deixaba escapar un fío de fume.
-
s
m
olume ou cantidade moi pouco importante de algo.
Ex: Estaba tan débil que só podía falar cun fío de voz.
-
s
m
Desenvolvemento do discurso, do pensamento ou dunha acción.
Ex: Interrompéchesme e perdín o fío da explicación.
-
s
m
Influencias ou relacións que ten alguén.
Ex: O seu pai moveu algúns fíos para conseguirlle ese posto.
Confrontacións: cuña, enchufe. -
s
m
[MINERAL]
ea moi fina dun mineral.
-
Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.
-
Instalación mediante a cal se transmite a música ou o son desde unha unidade central a todos os espacios dunha edificación.
Frases feitas
-
A fío. Facer ou ocorrer algo sen interrupción. Ex. Ríron a fío ata que se cansaron.
-
Ao fío. Corte feito no sentido das fíbras dun material.
-
Colgar/Pender dun fío. Estar alguén nunha situación delicada ou comprometida. Ex: A caída da bolsa fixo que o futuro da empresa colgue dun fío.
-
Ó fío de. En relación con.
-
Pasar fíos. Ganduxar.