fío

fío

(< lat filu)

  1. s m

    Corpo de estrutura lineal, flexible e de lonxitude indeterminada, que é o resultado do tratamento dunha fibra téxtil e que se emprega para coser, tecer ou bordar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Fío e agulla é media vestidura. Ata o fío máis torcido se destorce. Polo fío sácase o novelo.”

    Ex: Precisa outro carrrete de fío para rematar de coser a saia. O vestido tiña bordados de fío de ouro. 

  2. s m
    1. Fibra de liño ou cánabo.

    2. Tecido de liño ou cánabo.

      Ex: Con esta tea de fío farei unhas cortinas. 

    3. Conxunto de roupas feitas con liño ou cánabo.

      Ex: A avoa aínda garda o fío que levou no seu enxoval. 

  3. s m

    Dirección que toman as fibras da urda dun tecido, ou as fibras da madeira.

    Ex: A costura seguía o fío da tea. Verniza a táboa no sentido do fío da madeira. 

  4. s m

    Filamento de calquera material.

    Ex: As arañas constrúen as arañeiras cun fío pegañento. 

  5. s m [TECNOL]

    Metal estirado en forma de fío.

    Confrontacións: arame.
  6. s m [TECNOL]

    Corpo metálico flexible, de forma capilar e de lonxitude indefinida, xeralmente recuberto por unha capa illante, empregada para conducir a electricidade. O metal ten que ser un bo condutor eléctrico, como o cobre ou o aluminio. Empréganse normalmente un gran número de fíos paralelos para formar cables.

    Confrontacións: arame, cable.
  7. s m

    Parte afiada dun instrumento cortante.

    Ex: De cortar os ósos o coitelo perdeu todo o fío. 

    Sinónimos: gume.
  8. s m

    Corrente moi delgada e continua dun líquido.

    Ex: Caíalle un fío de suor pola fronte. 

  9. s m

    Pequena cantidade de algo en forma lineal.

    Ex: O cigarro deixaba escapar un fío de fume. 

  10. s m

    olume ou cantidade moi pouco importante de algo.

    Ex: Estaba tan débil que só podía falar cun fío de voz. 

  11. s m

    Desenvolvemento do discurso, do pensamento ou dunha acción.

    Ex: Interrompéchesme e perdín o fío da explicación. 

  12. s m

    Influencias ou relacións que ten alguén.

    Ex: O seu pai moveu algúns fíos para conseguirlle ese posto. 

    Confrontacións: cuña, enchufe.
  13. s m [MINERAL]

    ea moi fina dun mineral.

  14. Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.

  15. Instalación mediante a cal se transmite a música ou o son desde unha unidade central a todos os espacios dunha edificación.

Frases feitas

  • A fío. Facer ou ocorrer algo sen interrupción. Ex. Ríron a fío ata que se cansaron.

  • Ao fío. Corte feito no sentido das fíbras dun material.

  • Colgar/Pender dun fío. Estar alguén nunha situación delicada ou comprometida. Ex: A caída da bolsa fixo que o futuro da empresa colgue dun fío.

  • Ó fío de. En relación con.

  • Pasar fíos. Ganduxar.