fío

fío

(< lat filu)

  1. (Giacciano 1884 - Padua 1971) Historiador da arte italiano. Discípulo de A. Venturi, foi profesor na Università degli studi di Padova. Das súas obras destacan L’arte di Andrea Mantegna (A arte de Andrea Mantegna, 1927), Carpaccio (1937) e G. Bellini (1960).

  2. s m

    Corpo de estrutura lineal, flexible e de lonxitude indeterminada, que é o resultado do tratamento dunha fibra téxtil e que se emprega para coser, tecer ou bordar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Fío e agulla é media vestidura. Ata o fío máis torcido se destorce. Polo fío sácase o novelo.”

    Ex: Precisa outro carrrete de fío para rematar de coser a saia. O vestido tiña bordados de fío de ouro.

  3. s m
    1. Fibra de liño ou cánabo.

    2. Tecido de liño ou cánabo.

      Ex: Con esta tea de fío farei unhas cortinas.

    3. Conxunto de roupas feitas con liño ou cánabo.

      Ex: A avoa aínda garda o fío que levou no seu enxoval.

  4. s m

    Dirección que toman as fibras da urda dun tecido, ou as fibras da madeira.

    Ex: A costura seguía o fío da tea. Verniza a táboa no sentido do fío da madeira.

  5. s m

    Filamento de calquera material.

    Ex: As arañas constrúen as arañeiras cun fío pegañento.

  6. s m [TECNOL]

    Metal estirado en forma de fío.

    Confrontacións: arame.
  7. s m [TECNOL]

    Corpo metálico flexible, de forma capilar e de lonxitude indefinida, xeralmente recuberto por unha capa illante, empregada para conducir a electricidade. O metal ten que ser un bo condutor eléctrico, como o cobre ou o aluminio. Empréganse normalmente un gran número de fíos paralelos para formar cables.

    Confrontacións: arame, cable.
  8. s m

    Parte afiada dun instrumento cortante.

    Ex: De cortar os ósos o coitelo perdeu todo o fío.

    Sinónimos: gume.
  9. s m

    Corrente moi delgada e continua dun líquido.

    Ex: Caíalle un fío de suor pola fronte.

  10. s m

    Pequena cantidade de algo en forma lineal.

    Ex: O cigarro deixaba escapar un fío de fume.

  11. s m

    olume ou cantidade moi pouco importante de algo.

    Ex: Estaba tan débil que só podía falar cun fío de voz.

  12. s m

    Desenvolvemento do discurso, do pensamento ou dunha acción.

    Ex: Interrompéchesme e perdín o fío da explicación.

  13. s m

    Influencias ou relacións que ten alguén.

    Ex: O seu pai moveu algúns fíos para conseguirlle ese posto.

    Confrontacións: cuña, enchufe.
  14. s m [MINERAL]

    ea moi fina dun mineral.

  15. fío do lombo

    Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.

  16. fío musical

    Instalación mediante a cal se transmite a música ou o son desde unha unidade central a todos os espacios dunha edificación.

Frases feitas

  • A fío. Facer ou ocorrer algo sen interrupción. Ex. Ríron a fío ata que se cansaron.

  • Ao fío. Corte feito no sentido das fíbras dun material.

  • Colgar/Pender dun fío. Estar alguén nunha situación delicada ou comprometida. Ex: A caída da bolsa fixo que o futuro da empresa colgue dun fío.

  • Ó fío de. En relación con.

  • Pasar fíos. Ganduxar.

Refráns

  • Fío e agulla é media vestidura.