cosmati*
cosmati*
s
m pl
Marmoristas romanos que, dende comezos do s XII e durante o s XIII, decoraron as igrexas de Roma e do Lacio. O apelativo deriva de Cosma, o nome de moitos deles. O seu estilo decorativo, de orixe bizantina, baseábase na combinación de mármores de diversas cores xunto con teselas de vidro, para formar motivos xeométricos. Entre as obras realizadas neste estilo destacan a fachada da catedral de Civitá Castellana, e os claustros de San Xoán de Letrán e San Paulo Extramuros.