Costa da Vela

Costa da Vela

Sector do litoral occidental da parroquia do Hío, no concello de Cangas, que constitúe a fachada occidental da península do Morrazo, entre as rías de Pontevedra, ao N, e de Vigo, ao S. O seu límite setentrional é a punta de Couso, mentres que o meridional é Cabo Home. Neste treito a costa preséntase moi escarpada, resolta en acantilados que superan os 150 m de altitude no sector central, onde destaca o monte Facho (184 m).