Cotón

Cotón
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. Trátase dun aumentativo de coto. Documéntase no século XIII como alcume e como segundo nome: “Rodericus Pelagii cognomento Cotom” (doc ano 1205 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 416), “Roderico Coton” (doc ano 1212 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 364).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, dous xabaríns de sable andantes e enfrontados.

Palabras veciñas

cotomelo | 1 cotón | 2 cotón | Cotón | Cotón, pazo de | cotonche* | Cotoneaster