Cotoneaster
Cotoneaster
[PLANTA]
Xénero de arbustos, da familia das rosáceas, de ata 5 m de altura. De pólas finas e arqueadas, presenta follas enteiras e elípticas, e flores hermafroditas de cor branca que dan lugar a froitos ovoides de cor vermella. A especie C. granatensis constitúe un endemismo de barrancos avesíos do S da Península Ibérica. En Galicia está presente a especie C. lacteus como arbusto ornamental.