Cotón, pazo de

Cotón, pazo de

Construción nobre situada no centro urbano de Negreira. A súa orixe medieval apenas deixou pegadas; no s XVII houbo unha gran modificación na que se respectaron os cubos ameados das antigas murallas que enmarcan as diversas partes do edificio. Nos ss XVIII e XIX houbo unha nova transformación. O edificio ten unha marcada horizontalidade só interrumpida polas ameas que o coroan, polas torres cilíndricas ameadas dos ángulos e pola capela anexa. No corpo central do pazo destaca unha escaleira barroca que enlaza co piso superior, onde se sitúa unha solaina. As dependencias residenciais comunícanse coa capela de san Mauro (s XVIII) mediante unha arcada (1738?), baixo a que discorre o trazado do antigo Camiño Real. Na fachada principal están labrados os escudos dos Mariño, Lobera e Saavedra, propietarios do pazo ata 1866, data na que pasou a mans da familia Pardo Fabeiro.

Palabras veciñas

1 cotón | 2 cotón | Cotón | Cotón, pazo de | cotonche* | Cotoneaster | cotonía