Cova, pazo da
Cova, pazo da
Construción nobre anterior ao s XVII situada en Pontecesures. Destaca o corpo da torre situado nun dos extremos do edificio. A fachada meridional está decorada cun brasón. A superficie orixinaria do pazo limítase ao terreo ocupado pola casa e o xardín anexo, inmediatos ao río Ulla.