crac

crac

(< voz onomatopeica)

  1. interx

    Onomatopea para representar o ruído seco que fai unha cousa que racha. Utilízase tamén con outras vocais: crec!, cric!, croc!, cruc!.

    Ex: A madeira fixo crac! e caeu o sobrado.

  2. s m

    Quebra comercial, especialmente da bolsa.

    Ex: O crac da bolsa de 1929 tivo moita repercusión social.

Palabras veciñas

Crabbe, George | Crabeth, Dirk | crabio | crac | crácido -da | crack* | cracker*