crack*

crack*
  1. s

    Deportista que destaca na súa especialidade, e que, á marxe de que poida acadar títulos e campionatos, sobresae pola perfección coa que executa os elementos característicos da súa disciplina. Nos deportes de oposición destaca pola capacidade de resolver favorablemente situacións nas que aparentemente o rival leva vantaxe ou domina o enfrontamento, normalmente coa improvisación de accións individuais sorpresivas e de gran dificultade.

  2. s m [QUÍM]

    Substancia estupefaciente, composta por cocaína básica cristalizada, que se fuma ou se aspira polo nariz en forma de clorhidrato. Ten un efecto máis rápido e maior poder aditivo ca a cocaína.

Palabras veciñas

crabio | crac | crácido -da | crack* | cracker* | cracking* | Cracovia