crácido -da

crácido -da

(< lat científico Crax, xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos crácidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos crácidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves da orde das craciformes. De talle grande ou mediana, teñen o peteiro xeralmente pequeno, as patas robustas e a miúdo unha crista erecta. Coñécense unhas corenta especies espalladas por América, dende Texas ata Arxentina, como a chacalaca, o guan e o curaçao.

Palabras veciñas

Crabeth, Dirk | crabio | crac | crácido -da | crack* | cracker* | cracking*