cretense

cretense

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Creta ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Creta.

  1. [ETN/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo cretense.

    2. s

      Individuo do pobo cretense.

    3. s m pl

      Pobo de orixe descoñecida que habitou a illa de Creta dende o comezo do Neolítico. A partir do III milenio a C mantivo relacións con diversos portos de Exipto e Oriente Próximo, e estendeu a súa civilización polo Mediterráneo oriental dominando o Exeo e Micenas ata o 1050 a C.

  2. s m [LING]

    Dialecto grego do grupo dórico falado en Creta. Consérvanse inscricións, a máis famosa é a que contén as leis de Gortina (s V a C).

  3. arte cretense [ARTE]

    Arte minoica.

Palabras veciñas

Creta, mar de | Cretáceo | cretáceo -a | cretense | Creteo | crético | cretinismo