cretinismo

cretinismo

(

  1. s m [PAT]

    Enfermidade infantil provocada por unha deficiencia de tiroxina que ocasiona retardo mental e ananismo, entre outros efectos. Pode estar causado por unha ausencia conxénita de glándula tiroide, por defectos conxénitos na síntese da hormona ou por falta endémica de iodo na alimentación de determinadas poboacións. Tamén se denomina hipotiroidismo infantil.

  2. s m

    Calidade ou modos de cretino.

Palabras veciñas

cretense | Creteo | crético | cretinismo | cretino -na | creto | cretona