creto

creto

(

  1. s m

    Admisión de algo como verdadeiro.

    Ex: A súa declaración perante o xuíz non ofrecía moito creto e o fiscal demostrou que mentía. Non lles daba creto ningún ós contos da xente.

    Sinónimos: crédito. Antónimos: descrédito.
  2. s m

    Consideración positiva da que goza alguén, normalmente polas súas boas calidades.

    Ex: Ten creto de traballador e boa persoa. O médico que o consultou ten moito creto.

    Sinónimos: crédito. Antónimos: descrédito.

Frases feitas

  • Dar creto a algo. Crer algunha cousa.

Refráns

  • Abondo ten o que bo creto ten.