cricket*
Xogo de orixe inglesa no que se enfrontan dous equipos de once xogadores cada un, sobre un campo chan de céspede de 135 m de largo e de 155 m de longo. No terreo de xogo colócanse dous wickets (especie de porterías) formados por tres estacas sobre as que se poñen uns traveseiros (bails). O xogo consiste en facer caer o wicket contrario lanzando coa man unha pelota de madeira. Para isto é preciso superar a oposición dun xogador do outro equipo, que esgrime unha pa coa que tenta interceptar o lanzamento e enviar a pelota de volea canto máis lonxe mellor; mentres a pelota corre, o xogador defensor intenta dar o maior número de voltas ao campo; cantas máis voltas dea máis puntos consegue. Xógase nos cinco continentes, aínda que está practicamente restrinxido aos países de colonización británica, nos que é moi popular, e, en moitos casos, constitúe o deporte nacional. Nos EE UU, derivado del, creouse o béisbol.