Cricot 2
Cricot 2
[ESPECT]
Compañía teatral polaca fundada en 1952 por Tadeusz Kantor en Cracovia e que constituíu un dos referentes máis importantes da escena europea nas décadas de 1970 e 1980. O nome do grupo deriva dun colectivo interdisciplinar vangardista, creado por Kantor na década de 1930, que xa destacaba pola realización de accións teatrais nas que a creación teatral se mesturaba con outras expresións artísticas. Entre os seus espectáculos destacan A galiña acuática (1968), A clase morta (1975), Wielopole, Wielopole (1980) e Que rebenten os artistas! (1985).