crime

crime

(

  1. s m

    iolación grave da lei moral, civil ou relixiosa, que consiste en matar unha persoa.

    Ex: Están os dous irmáns na cadea por cometeren un crime.

    Sinónimos: asasinato. Confrontacións: homicidio.
  2. [DER]
    1. s m

      Infracción punible de carácter grave. No ordenamento penal só existen delitos e faltas, e o crime non se inclúe como unha categoría xurídica.

    2. crime contra a humanidade

      Delito contra os dereitos fundamentais da humanidade, establecido no Estatuto do Tribunal Internacional de Nuremberg de 1945. Inclúe o xenocidio, o sometemento á escravitude, a deportación forzosa e outros actos inhumanos cometidos contra a poboación civil e aqueles que van contra a ética médica, como a experimentación en seres humanos ou a eutanasia. A Convención sobre a Imprescriptibilidade dos Crimes de Guerra e dos Crimes de Lesa Humanidade, adoptada en 1968, desenvolveu os principios de Nuremberg e explicitou a noción de imprescriptibilidade. A ONU creou en 1995 os tribunais penais internacionais para xulgar os crimes contra a humanidade cometidos en Rwanda e na antiga Iugoslavia. En España, o Código Penal de 1995 recolle este tipo de crimes nos seus artigos 605 a 616.

    3. crime de guerra

      Acción que viola o contido das leis, dos acordos e dos costumes das contendas bélicas. Comprende o asasinato, os malos tratos aos prisioneiros, a execución de reféns, a pillaxe de bens e a destrución e devastación de poboación non xustificadas polas necesidades militares. Esta figura delitiva provén dos acordos asinados na Convención de Xenebra de 1864 sobre feridos e enfermos en campaña. Os catro convenios de Xenebra asinados en 1864, 1906, 1929 e 1949 confórmanse como as normas efectivas que regulamentan a represión dos crimes de guerra. Estes convenios impóñenlles aos estados que tiveron ou teñen parte nun conflito armado a obrigación de castigar coas súas leis penais internas as infraccións graves producidas durante un conflito armado.

    4. crime de lesa maxestade

      delito de lesa maxestade.

  3. s m

    Falta ou prexuízo considerado grave, aínda que non é castigado porque as súas consecuencias non comprenden directamente o ámbito xudicial.

    Ex: Foi un crime botar todo ese lixo ó río.