Crime e castigo
Novela publicada por F. M. Dostojevskij na revista O Mensaxeiro Ruso en 1866. Organizada en seis partes e un epílogo, é unha obra de profunda análise psicolóxica e unha das pezas máis representativas do autor e da literatura rusa. A historia de Raskolnikov mostra a inutilidade da protesta individual contra un medio social perverso. Nun mundo de miseria desesperada, Raskolnikov pensa que está por riba das leis humanas e mata unha vella usureira. O verdadeiro motivo do crime, sen embargo, é o afán por demostrarse a el mesmo que pertence a unha clase de homes superiores e non á dos homes vulgares. As ideas individualistas de Raskolnikov caen vencidas pola moral e o ambiente; o heroe séntese obrigado a liberarse da xustiza. A pobreza sen esperanza e a opresión social son as verdadeiras protagonistas da novela. Os personaxes buscan unha saída inexistente: Raskolnikov, a través da violencia; Sonia, co sacrificio; e Marmeladov, co wodka. A moral desta novela é negativa: o home non ten a posibilidade de liberarse co traballo e a loita, só conseguirá a paz coa submisión total.