asasinato

asasinato

(< asasino)

  1. s m

    Acción e efecto de asasinar.

    Ex: O asasinato da porteira foi castigado co cárcere.

    Confrontacións: crime.
  2. s m [DER]

    Homicidio cualificado pola concorrencia de determinadas circunstancias agravantes. Pode ser suxeito deste delito calquera persoa, exceptuando cando a víctima sexa ascendente ou descendente lexítimo ou ilexítimo, ou sexa o seu cónxuxe; entón a acción criminal tipifícase como parricidio. As circunstancias previstas legalmente para cualificar o asasinato son a comisión do feito con aleivosía; por cartos, recompensa ou promesa; por medio de inundación, incendio, veleno ou explosivos; con premeditación coñecida e con crueldade. Normalmente está sancionado cunha pena ampla de prisión (de vinte a trinta anos) ou, nalgunhas lexislacións, coa pena de morte.

Palabras veciñas

asar | Asaria | asasinar | asasinato | asasino -na | asaurrar | Asbaje, Juana de