Asbaje, Juana de
Asbaje, Juana de
ou sor Juana Inés de la Cruz (San Miguel de Nepantla 1651 - México 1695) Relixiosa. Escritora e poetisa mexicana. A súa poesía é unha síntese de dúas tendencias da época: o Culteranismo de Calderón e de Góngora, e o Conceptismo de Quevedo. Publicou Respuesta a sor Filotea de la Cruz (1691) e Inundación castálida (1689), entre outras obras.