asasino -na

asasino -na

(< ár hassasi ‘bebedor de haxix’)

  1. adx e s

    Que ou o que asasina.

    Ex: O asasino fuxiu da xustiza. A banda asasina foi finalmente detida.

    Confrontacións: criminal.
  2. adx e s [HIST]

    Nome que recibiron en Occidente os seguidores da seita islámica nizarita, rama dos xiítas ismaelitas, fundada por Hasan ibn Sabbāh al-Rāzī o Vello da Montaña. Formouse unha lenda negra a partir dos relatos dos cruzados e da descrición que fixo Marco Polo da fortaleza de Alamūt, segundo estas fontes os membros desta secta, alcumados fidacī (‘o que se sacrifica’), embriagábanse con haxix e encomendábanselles perigosas misións, que polo xeral consistían no asasinato dalgún xefe inimigo. Os asasinos, desde os castelos fortificados situados en diversos lugares inexpugnables de Siria e Palestina, constituíron un movemento de resistencia antiturco e ocasionalmente colaboraron cos cruzados, asasinando a Ramón de Trípoli (1152) e Conrado de Monferrato (1192). O seu poder político rematou cando o Sultán mameluco Baybars destruíu a súa fortaleza de Siria no monte Al-Amut (1273).

Palabras veciñas

Asaria | asasinar | asasinato | asasino -na | asaurrar | Asbaje, Juana de | asbestiforme