crispar

crispar

(

  1. v t

    Causar unha contracción súbita e espasmódica aos músculos, nervios ou membros.

    Ex: Tiña unha dor nunha perna que lle crispaba o rostro. A súa crecente ira crispáballe os dedos e a cara. Esas actitudes críspanlle os nervios.

    Antónimos: distender, relaxar. Confrontacións: convulsionar.
  2. v t

    Provocar unha irritación moi forte a.

    Ex: Crispouno moito que non viñera á súa hora.

  3. v pron

    Poñerse de súpeto en tensión extrema un músculo, nervio ou membro.

    Ex: Crispóuselle o rostro pola dor.

  4. v pron

    Sufrir unha irritación moi forte.

    Ex: Crispouse cando lle dixo aquela barbaridade.

Conxugar
VERBO crispar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispo
crispas
crispa
crispamos
crispades
crispan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispaba
crispabas
crispaba
crispabamos
crispabades
crispaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispei
crispaches
crispou
crispamos
crispastes
crisparon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispara
crisparas
crispara
crisparamos
crisparades
crisparan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crisparei
crisparás
crispará
crisparemos
crisparedes
crisparán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crisparía
crisparías
crisparía
crispariamos
crispariades
crisparían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispe
crispes
crispe
crispemos
crispedes
crispen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispase
crispases
crispase
crispasemos
crispasedes
crispasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispar
crispares
crispar
crisparmos
crispardes
crisparen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
crispa
-
-
crispade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crispar
crispares
crispar
crisparmos
crispardes
crisparen
Xerundio crispando
Participio crispado
crispada
crispados
crispadas