2 cristo
(
-
s
m
Representación de Xesús cravado na cruz. Constitúe a figura central do tema iconográfico da crucifixión e recibe este nome cando a imaxe ten máis interese ca a cruz. As primeiras representacións de Cristo crucificado datan do s V, como a da porta de Santa Sabina en Roma. Nos primeiros tempos, os cristiáns representaban a cruz soa, quizais porque podía ser obxecto de burla; de feito, no Palatino de Roma consérvase a imaxe dun crucificado con cabeza de burro e coa inscrición “Alexamenos adora o seu deus”. Por outra banda, o Concilio de Elvira (305) prohibiu as imaxes do Cristo crucificado. En Oriente e, pola súa influencia, tamén en Occidente, o Cristo en cruz tivo primeiro un carácter triunfal, manifestado na vestidura, nalgunhas insignias imperiais e na actitude hierática. A imaxe de Cristo en maxestade pertence a esta corrente. Entre as primeiras representacións realizadas na Península Ibérica están a do Cristo de marfil de Fernando e Sancha, doado polos monarcas á igrexa de San Isidoro de León en 1063, e o cristo de Batlló, do tipo en maxestade. En Occidente, a partir dos ss XI e XII, a figura do crucificado tomou un carácter máis humanizado e realista, en parte pola piedade franciscana, e o aspecto sufrinte prevaleceu, a partir do s XIII, sobre o aspecto glorioso. Entre as representacións medievais cómpren destacar os exemplos italianos do s XIII, de tradición bizantina, pintados sobre táboas en forma de cruz, como o realizado por Cimabue na Santa Croce de Florencia. No Renacemento creáronse mostras escultóricas, como as de Brunelleschi en Santa Maria Novella de Florencia ou Michelangelo en Santa Croce de Florencia. En España destacou a pintura realizada por Velázquez. A Contrarreforma renovou o tipo ascético cun realismo minucioso acentuado pola policromía; destacan as imaxes realizadas polos imaxineiros andaluces e casteláns dos ss XVII e XVIII. Posteriormente, retomaron o tema Goya, Daniel Vázquez Díaz e Salvador Dalí. Entre as representacións do Cristo conservadas en Galicia destacan, entre outras, as veneradas nas catedrais de Ourense e Santiago de Compostela; o santo Cristo de San Xián de Samos, obra de Francisco de Moure; o Cristo de Conxo, de Gregorio Fernández; o Cristo do Desencravo, o da Boa Morte e o da Agonía de Xosé Ferreiro; o Cristo da Barba Dourada, venerado na igrexa de Santa María das Areas de Fisterra; e o Cristo da Vic22toria da colexiata de Santa María de Vigo.
Sinónimos: crucifixo. -
s
m
[DEP]
Elemento ximnástico que se executa no aparato dos aneis e que consiste en permanecer agarrado cos brazos abertos en cruz de xeito que formen un eixe paralelo ao chan, mentres as pernas, o tronco e a cabeza quedan estendidos en forma perpendicular.
-
s
m
Tumulto de persoas ou conxunto de cousas desordenadas ou confusas.
Ex: Había un cristo enorme na entrada do cine pola estrea do filme. Non me aclaro con este cristo de papeis que teño na mesa.