Cristo, ordem de
Cristo, ordem de
Orde relixiosa e militar fundada por don Denís en Portugal no 1319. Foi a herdeira da orde dos Templarios trala extinción ordenada por Clemente V en 1312. A súa residencia principal foi Castro Marim e, dende 1336, Tomar, onde Xoán III edificou un convento. En 1789 foi secularizada pola Raíña María I e adoptada polo Imperio do Brasil. Dende 1918 é unha orde honorífica que recoñece os servicios civís e militares. Os seus distintivos eran dúas cruces superpostas, vermella a primeira e branca a segunda. A banda é vermella. No Brasil as cruces non foron modificadas, pero presenta unha cinta azul bordada nunha banda.