Cristo, porta do
Cristo, porta do
ou do Cristo do Amparo Construción situada nas antigas murallas de Viveiro, considerouse como a súa porta principal. É de orixe medieval, segundo indica unha inscrición do muro. Consta de bóveda de medio canón e dunha fornela que acollía a imaxe de Cristo crucificado e que lle deu nome á porta. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.