cromatina

cromatina

(< al Chromatin < grχρῶμα -ατος ‘cor’ +-ina)

  1. s f [XEN]

    Material xenético do núcleo celular durante a interfase. Ten carácter basófilo e está formado principalmente por ADN, e tamén por ARN e proteínas. Cando a célula se vai dividir, a cromatina condénsase e forma os cromosomas. Distínguense dúas variedades: unha menos densamente empaquetada, chamada eucromatina, e outra máis densamente empaquetada, chamada heterocromatina, que non se expresa xeneticamente.

  2. cromatina sexual [XEN]

    Pequeno corpúsculo de heterocromatina, redondo ou ovado, adherido á membrana nuclear. Dáse no 60-80% das células dos individuos de sexo feminino e raramente nos de sexo masculino, polo que se emprega para a diagnose citolóxica do sexo. Denomínase tamén corpúsculo de Barr.

Palabras veciñas

cromaticidade | cromático -ca | cromátida | cromatina | cromatínico -ca | cromatismo | cromato