cromato

cromato

(

  1. s m [QUÍM]

    Anión de fórmula CrO 4 -2 que se pode considerar derivado do ácido crómico por perda dos hidróxenos.

  2. s m [QUÍM]

    Calquera sal do ácido crómico. En disolución, os cromatos teñen cor amarela, por mor da presenza do ión cromato. A disolución acuosa dun cromato ten carácter básico, debido ao paso de cromato a dicromato por hidrólise, segundo a reacción: 2CrO 4 -2 ⇋Cr 2 O 7 -2 +2OH - . En solución ácida o equilibrio está completamente desprazado cara á dereita, 2CrO 4 -2 +2H + ⇋Cr 2 O 7- 2 +H 2 O. Por esta razón, obtéñense os dicromatos tratando un cromato con ácido.