cromatismo
cromatismo
(
-
s
m
Calidade de cromático.
-
s
m
[BOT]
Coloración anormal das estruturas vexetais que normalmente son verdes ou brancas.
-
s
m
[MÚS]
Procedemento musical consistente na alteración nun semitón descendente ou ascendente dunha nota ou máis dunha escala diatónica. Pode presentarse tanto na harmonía como na melodía. Con Gesualdo e Monteverdi, conseguiu unha complexidade e unha riqueza comparables só á dalgúns compositores románticos, especialmente Wagner, Liszt e Strauss. Posteriormente, Schönberg deulles ás doce notas da escala cromática o mesmo valor; deste xeito, estableceu o total cromático, base do método dodecatónico.