crustáceo -a
(< lat crusta ‘cotra, codia’)
-
adx
Que está revestido de cotra.
Ex: As defensas crustáceas de certos animais poden ser moi sofisticadas.
-
[ANIMAL]
-
adx
Relativo ou pertencente aos crustáceos.
-
s
m
Artrópodo do subfilo dos crustáceos.
-
s
m pl
Subfilo de artrópodos mandibulados, con representantes principalmente acuáticos, de auga doce ou salgada, e tamén terrestres. Xeralmente, o corpo está formado por dúas rexións: o cefalotórax, con cuncha dorsal, e o abdome; o número de segmentos que as integran é moi variado. Tanto o tórax coma o abdome están dotados de apéndices birrámeos, pero así como os torácicos son tipicamente locomotores, os abdominais poden levar a cabo diversas funcións. Os apéndices cefálicos, tamén birrámeos, están formados por dous pares de antenas, un par de mandíbulas e dous pares de maxilas. O epitelio ectodérmico dos crustáceos segrega unha cutícula quitinosa que a miúdo se impregna de sales cálcicos: cando iso ocorre, a carcasa non é única, senón que se divide segundo as diferentes partes do corpo e as divisións se articulan entre elas. No extremo anterior do corpo dos crustáceos está o rostro e no posterior o telson, que xunto cos urópodos forman a cola. A cuncha é a cutícula dorsal da cabeza que se estende posteriormente e rodea os lados do animal ata cubrilo ou ata quedar fusionada con algúns ou con todos os segmentos, tanto torácicos como abdominais. O tubo dixestivo consta de tres partes: estomodeo, mesodeo e proctodeo; a primeira e a última son de orixe ectodérmica, e a segunda, de orixe endodérmica. O sistema muscular constitúe unha parte importante do corpo dos crustáceos e organízase en grupos antagónicos: flexores e estensores. A respiración nos crustáceos máis pequenos ten lugar nas superficies máis finas da cutícula, mentres que os de maior tamaño dispoñen de branquias para realizar esta función. O sistema circulatorio é de tipo aberto, cun corazón sen tabicar e en posición dorsal e un hemocele, principal espazo corporal, polo que circula a hemolinfa. O sistema excretor consiste nun par de estruturas tubulares localizadas na rexión cefálica, ventralmente e por diante do esófago, denominadas glándulas antenais ou glándulas maxilares, segundo se abran na base das antenas ou das segundas maxilas, respectivamente. O sistema nervioso consta dun cerebro, formado por un par de ganglios supraesofáxicos unidos aos ganglios subesofáxicos, e unha serie de órganos sensoriais, como os ollos, que en moitos casos son compostos, os estatocistos ou numerosos pelos táctiles. A principal glándula endocrina é o órgano da muda ou órgano Y, responsable do crecemento, da muda e da rexeneración dos apéndices locomotores. A maioría dos crustáceos teñen sexos separados, son tipicamente ovíparos, incuban os ovos e teñen un desenvolvemento indirecto que pasa pola metamorfose da larva nauplio, con só tres pares de apéndices, que acadan unha forma adulta moi diferente. En canto aos hábitos alimentarios, poden ser filtradores, depredadores, preeiros, parasitos e incluso simbiontes. O subfilo dos crustáceos engloba unhas 30.000 especies e divídese en cinco clases: os remipedios, os cefalocáridos, os branquiópodos, os maxilópodos e os malacostráceos.
-
adx
-
adx
[BOT]
Aplícase ao talo dunha gran parte dos liques que carecen de córtex inferior e que viven fortemente adheridos á superficie do substrato (rocha, cortiza e outros), no que incluso poden penetrar.