cruzamento

cruzamento

(< cruzar)

  1. s m

    Acción de cruzar ou cruzarse.

    Ex: Realizou o cruzamento do coche nun lugar prohibido. O cruzamento de miradas entre os dous foi moi intenso.

  2. s m

    Lugar onde se cruzan dúas ou máis cousas, especialmente vías ou camiños.

    Ex: No cruzamento viras á dereita e logo todo seguido.

    Confrontacións: encrucillada.
  3. [BIOL]
    1. s m

      Reprodución sexual que ten lugar entre dous individuos xenotipicamente distintos.

    2. cruzamento consanguíneo

      Cruzamento entre individuos que presentan un grao importante de parentesco.

    3. cruzamento selectivo

      Cruzamento entre individuos que presentan características xenotípicas concretas polas que son escollidos. Realízase normalmente con fins experimentais, para estudar a herdanza dun carácter, ou prácticos, para a mellora de razas e variedades de cría ou cultivo.

  4. s m [LING]

    contaminación.

Formas incorrectas

cruce

Palabras veciñas

Cruzada, La | cruzado -da | Cruzado, El | cruzamento | cruzar | Cruze, James | Cruzul