cruzado -da
(< cruzar)
-
p reg
de cruzar ou cruzarse.
-
adx
-
Que está colocado en forma de cruz ou disposto transversalmente.
Ex: Estivo coas pernas cruzadas toda a tarde. Éche incorrixible, sempre che deixa o coche cruzado no medio da rúa.
-
[HERÁLD]
Aplícase á pezas ou figura que remata en cruz.
-
-
adx
Que dispón do ancho suficiente para poñer un dianteiro sobre outro.
Ex: Para ir á festa el puxo a chaqueta azul cruzada e ela a saia branca cruzada.
-
adx
-
Que denota ou implica cruzamento.
-
[BIOL]
Que é resultado da reprodución sexual entre individuos de distinta especie ou entre individuos da mesma especie pero con características xenotípicas distintas.
Ex: Trouxéronnos un can cruzado de pastor belga e pastor alemán.
-
[BOT]
Aplícase ao tipo de polinización no que o pole que chega ao pistilo dunha flor procede doutra.
-
-
s
[HIST]
Individuo que participaba nunha cruzada. Distinguíase por unha cruz de tea cosida nas súas roupas, símbolo do voto de obediencia á Igrexa.
-
s
m
[NUMIS]
-
Moeda de ouro portuguesa medieval e moderna. Pesaba 3,51 g e a súa lei era de 23,75 quilates. Nas Cortes de Torres Novas de 1525 e 1535, co Rei Xoán III, ordenouse a redución da lei a 22 quilates.
-
Moeda de prata portuguesa de 480 reais cuñada en 1750.
-
Moeda castelá de billón cuñada por Enrique II de Castela ante a necesidade de efectivo para pagar a Bertrand Duguesclin, pola axuda prestada contra o irmán do monarca, don Pedro. No anverso loce cabeza coroada e no reverso unha cruz.
-
Moeda de ouro castelá que presentaba nunha cara o rei coroado e noutra dous leóns e dous castelos enfrontados.
-
-
ligamento cruzado
[ANAT]
Ligamento que reforza a articulación do xeonllo. Distínguense dous ligamentos cruzados: o anterior, que vai dende a crista da tibia ao cóndilo externo, e o posterior, que vai dende a parte traseira da crista da tibia ata o cóndilo interno.