cuadríceps

cuadríceps

(

  1. adx

    Que ten catro cabezas ou puntas.

  2. adx e s m [ANAT]

    Músculo situado no plano anterior da coxa constituído por catro feixes musculares: o recto anterior, o vasto externo, o vasto interno e o crural. Estende a perna e flexiona a coxa sobre a pelve e a pelve sobre a coxa. OBS: Tamén se denomina cuadríceps crural ou cuadríceps femoral.