cuadricromía
(< cuadri- + -cromo)
-
s
f
[GRÁF]
Impresión feita en catro cores, tres delas son as da tricromía (amarelo, magenta e cian) e a cuarta é o negro ou outra cor escura, para reforzar o conxunto. Obtense pola reprodución por superposición das tres imaxes monocromáticas das tres cores primarias e da negra ou doutra cor escura, que adoita facerse na mesma impresión do texto.
-
s
f
[INFORM]
Conxunto de procedementos necesarios aos que haberá que someter certos documentos para imprimir unha publicación en cor. Por exemplo, nas aplicacións de tratamento de fotografías, estas veranse habitualmente en pantalla co sistema RGB, mais para imprimilas será necesario gardalas conforme ás especificacións CMYK; isto significa que cando se confeccionen os fotolitos en base aos que se imprime, haberá catro por páxina. Un para a cor cian, outro para o magenta, un máis para o amarelo e un cuarto para o negro. Nun programa de deseño cada cor ten a súa propia canle e haberá un procedemento similar de separación de cores.