cuadrícula

cuadrícula

(

  1. s f
    1. Conxunto de cadrados que resulta de trazar nun papel liñas paralelas cortadas perpendicularmente por outras.

      Ex: O Xoán aprendeu a escribir en cuadrícula.

    2. Cada un dos cadrados que forman parte dunha cuadrícula.

      Ex: Debes seguir a liña das cuadrículas para completar o debuxo.

  2. s f [XEOG]

    Conxunto de liñas rectas, debuxadas sobre un mapa, que resultan de proxectar no plano a latitude e a lonxitude, e que se empregan para fixar a posición dun punto do mapa respecto á orixe de coordenadas. O tipo de cuadrícula depende do tipo de proxección empregada.

  3. s f [ARTE]

    Conxunto de raias trazadas sobre un debuxo ou unha fotografía que se dividen en cadrados e que se empregan para reproducilo (agrandándoo ou reducíndoo) sobre un papel que tamén se dividiu nun número igual de cadrados.

  4. s f [URBAN]

    Resultado de dividir unha zona urbanizable en zonas cadradas.

  5. s f [ARQUEOL]

    Cada unha das subdivisións dos sectores da zona de traballo dunha escavación arqueolóxica.

  6. s f [PEDAG]

    Cada unha das estruturas que, segundo Piaget, caracterizan o pensamento formal do adolescente.

  7. s f [INFORM]

    Opción de varios programas de debuxo que permite que se pinten liñas en determinadas posicións, coma se se debuxasen as liñas dun papel para gráficos. A cuadrícula fai que sexa moito máis fácil debuxar liñas paralelas e perpendiculares, deseñar diagramas e evitar crebamentos irregulares. Pero, cando se activa a cuadrícula, hai posicións nas que non se pode debuxar.