cumprir
(
-
v t
Antónimos:
incumprir.
-
Executar completamente o que está mandado ou o que se promete.
Ex: Cumpriron rigorosamente os seus deberes e as súas obrigas. Denunciáronos porque non cumpriron o contrato.
Antónimos: incumprir. -
Realizar o que dita unha lei.
Ex: Todos os que non cumpran a lei van ser castigados.
Antónimos: incumprir. -
Facer aquilo que é propio do cargo ou da posición que ocupa alguén.
Ex: Cumpriu o seu cometido no campo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: É un traballador que cumpre co seu.
Antónimos: incumprir. -
Levar a cabo os de-sexos ou peticións doutra persoa.
Ex: Foi á festa e así cumpriulle o antollo.
Antónimos: incumprir.
-
-
v i
sing
Ser necesario ou conveniente algo. OBS: Nesta acepción só se conxuga en 3ª pers
Ex: Cómpre que cambiemos as ventás para que non entre tanto frío. Cómpre que vaias á túa casa.
Confrontacións: convir, necesitar. -
v i
Facer algo co que se demostra cortesía e boa educación. OBS: Nesta acepción rexe preposición con.
Ex: A irmá máis grande é a que sempre cumpre con toda a familia. Cumpría cos seus veciños para que non houbese problemas.
-
v i
Satisfacer por cortesía unha débeda contraída. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cumpre con todos e fíate de poucos”.
Ex: Cumpriu co seu sogro ó convidalo á cerimonia.
-
v i
Facer o que establece un precepto.
Ex: Cumpre co seu deber moral de pai.
Antónimos: incumprir. -
v i
Concluír ou completarse un período ou prazo determinado.
Ex: Xa cumpriu e non lle ha de faltar moito para parir. O seu fillo cumpriu como soldado.
-
v pron
Ter lugar aquilo que se expresa.
Ex: Cumpriuse o teu prognóstico. Cumpríranse os seus desexos de ir a América.
-
v pron
Completarse un período de tempo determinado.
Ex: Mañá cúmprense tres anos do premio literario.
Refráns
- Por cumprir ben non matan a ninguén.