curaçao*
-
s
m
[ALIM]
Licor elaborado a base da pel dunha variedade de laranxa amarga, moi abundante na illa de Curaçao, augardente e azucre. Preséntase en distintas cores sen que isto lle afecte ao gusto, doce e aromático. Os holandeses comezaron a súa elaboración a principios do s XVIII. Emprégase moito na preparación de cócteles.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de ata 90 cm de lonxitude, de plumaxe basicamente negra, cabeza pesada cunha pequena crista, cola ancha co extremo arredondado, patas fortes e peteiro alto e curto, co extremo curvado e os lados aplanados. Aliméntase de froitos caídos, xemas, follas, sementes e, ocasionalmente, de insectos. Propio da conca do Amazonas, desprázase polas pólas das árbores, nas que constrúe con follas un niño en forma de prato, e polo chan das selvas.