curare
curare
(< voz caribeña)
s
m
[BIOQ]
Extracto preparado principalmente coa cortiza, as raíces ou os talos de diversas especies do xénero Strychnos e Chondodedron. Os indíxenas de América do Sur úsano para envelenar as puntas das frechas. De composición e aspecto variables, os seus principios activos máis importantes son a curarina e os seus derivados. Produce unha parálise semellante á tetánica e chega a provocar a morte por asfixia ao parar os movementos respiratorios.