curar

curar

(< lat curāre ‘coidar’)

  1. v t
    1. Facer alguén que se poña ben unha persoa ou un animal enfermos ou feridos. Na tradición oral recóllense ditos como: “O médico que ben cura, morto o enfermo déixao na sepultura”.

      Ex: Só te curará un bo especialista en alerxias. Foi ó médico para que lle curara a infección da gorxa.

      Sinónimos: sandar.
    2. Facer algo ou alguén que desapareza unha enfermidade ou lesión. Na tradición oral recóllense ditos como: “Máis cura a dieta ca a lanceta”.

      Ex: O tratamento que che deron cura o catarro. Curoume as queimaduras un dos médicos máis competentes.

      Sinónimos: sandar.
    3. Aplicar a unha persoa os remedios adecuados para curar.

      Ex: Curoulle a ferida con penicilina.

      Sinónimos: sandar.
  2. v t

    Preparar as carnes ou peixes con sal, fume, a exposición ao aire ou outros procedementos para que se conserven.

    Ex: Curou os dous xamóns do porco. Non curaron ben os chourizos no canizo e colleron balor.

    Confrontacións: curtir, salgar, secar.
  3. v t

    Preparar as peles dun animal para a súa utilización industrial.

    Sinónimos: curtir.
  4. v t

    Secar algo, como os cereais ou algún outro froito, para conseguir a súa total maduración e conservación.

    Ex: Non deixou curar ben as cebolas e hanlle podrecer.

  5. v t

    Someter a madeira, despois da corta, ás condicións necesarias para o seu emprego industrial.

  6. v i
    1. Recuperar a saúde aquel que estaba doente.

      Ex: Con estas pílulas vas curar moi rápido.

      Sinónimos: sandar.
    2. Desaparecer unha enfermidade ou unha ferida.

      Ex: Ó can xa lle curou a ferida.

      Sinónimos: sandar.
Conxugar
VERBO curar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curo
curas
cura
curamos
curades
curan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curaba
curabas
curaba
curabamos
curabades
curaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curei
curaches
curou
curamos
curastes
curaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curara
curaras
curara
curaramos
curarades
curaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curarei
curarás
curará
curaremos
curaredes
curarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curaría
curarías
curaría
curariamos
curariades
curarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cure
cures
cure
curemos
curedes
curen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curase
curases
curase
curasemos
curasedes
curasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curar
curares
curar
curarmos
curardes
curaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cura
-
-
curade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
curar
curares
curar
curarmos
curardes
curaren
Xerundio curando
Participio curado
curada
curados
curadas