Dama de Baza
Dama de Baza
Escultura funeraria ibérica localizada en 1971 no Cerro del Santuario, necrópole ibérica dos ss V-III a C situada na comarca granadina de La Hoya de Baza. Datada no s IV a C, interpretouse como a imaxe dunha deusa sentada que servía de furna cineraria. Realizada en pedra, está pintada con diferentes cores e a figura vai cuberta cun manto. Consérvase no Museo Arqueológico Nacional de Madrid.