Dama de Elx

Dama de Elx

Escultura ibérica localizada en 1897 no lugar de Alcúdia d’Elx. Datada no s IV ou V a C, coñécese como la Reina Mora. Representa a cabeza e a parte superior do corpo dunha muller, peiteada e enxoiada. O rostro é de características gregas e os adornos son fenicios. Puido ser unha escultura sedente e servir para gardar as cinzas dun defunto. Trala súa adquisición por Pierre Paris, pasou ao Musée du Louvre, ata que en 1941 foi trasladada ao Museo del Prado. Dende 1971 consérvase no Museo Arqueológico Nacional de Madrid.

Palabras veciñas

Dama | dama das camelias, A | Dama de Baza | Dama de Elx | dama que fala, A | damado -da | Damalinia