Damalinia
Damalinia
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos, da orde dos malófagos, de ata 2 mm. Áptero e de corpo aplanado, presenta a cabeza ancha con ollos compostos reducidos e mandíbulas longas e dentadas. Son ectoparasitos de aves e mamíferos que se alimentan da epiderme. Poden sobrevivir ata 24 días sen necesidade de hospedeiro e son especialmente activos durante o inverno. A especie D. equi, que afecta principalmente aos cabalos, pode ocasionarlles a caída do pelo e deben ser tratados con permetrinas.