damasco

damasco

(< topónimo Damasco)

  1. s m

    Peza de vidro ou de barro procedente de Damasco.

  2. s m [TÉXT]
    1. Tecido de seda dunha soa cor, cunha soa trama e cun só urdido, e coa decoración obtida pola alternancia de satén por urdido e satén por trama. Este sistema de ligadura produce un efecto reversible en mate e brillo, que é característico desta tea. Foi coñecida en Europa cara ao s VII, procedente de Damasco, aínda que desde tempos antigos xa se fabricaba no Extremo Oriente.

    2. Tea tecida de maneira semellante con outra materia.

    3. Peza de damasco usada como cortina nas igrexas en días de festa, en salas e balcóns.

  3. s m [ARTE]

    Debuxo en forma de pólas empregado como motivo decorativo e nas vestimentas durante os ss XV e XVI.

  4. s m [PLANTA]

    Variedade de albaricoqueiro.

  5. s m [BOT]

    Froito desa árbore.

    Confrontacións: albaricoque.
  6. damasco fúnebre [HERÁLD]

    Faixa de veludo negro, ou tamén da cor do campo do escudo dos principais, enriba da que se poñen os escudos dos príncipes e os grandes señores nos seus funerais, ou que se colgan nas paredes interiores e exteriores dunha igrexa cos escudos sobrepostos.

Palabras veciñas

dámar | damasceno -na | Damascio | damasco | Damasco | Damasco | Damasco