Dartmuthia

Dartmuthia
[PALEONT]

Xénero de peixes agnatos da orde dos osteostráceos. De corpo aplanado e de ata 10 cm de lonxitude, posuían unha pequena aleta dorsal e unha cabeza cuberta por unha coiraza ósea. Coa boca arredondada sucionaban partículas do fondo mariño. Propios de finais do Silúrico, os xacementos máis importantes están en Estonia.

Palabras veciñas

Dársena | Dart, Raymond Arthur | Dartmoor | Dartmuthia | dartos | Darul Islam | Darvas, József