De Todo un Poco
De Todo un Poco
[PUBLIC]
Revista literaria quincenal fundada e dirixida por César G. Seco Romero, que comezou a súa edición en Mondoñedo en maio de 1904. Cesou en febreiro de 1910 trala morte do seu fundador e director. No ano 1907 modificou a súa portada para titularse Mondoñedo e fíxose decenal; a partir de 1910 converteuse en periódica e saíu os martes e os venres. Incluía a sección “Cousas d’aldea”, asinada por Rosendo de Padornelo, pseudónimo de Antonio Noriega Varela. Deste mesmo autor inclúense varios poemas e o conto “Vai torta!”.