decadencia

decadencia

(< lat tardío decadentia, decadĕre ‘caer’)

  1. s f
    1. Acción e efecto de decaer.

      Ex: A decadencia da lingua galega durou moitos séculos. A súa decadencia débese á súa longa enfermidade.

    2. Período no que se produce a decadencia.

  2. s f [HIST/SOCIOL]

    Proceso de debilitamento dun sistema social como consecuencia do desenvolvemento progresivo e a consolidación no seu seo de novos elementos antitéticos que preparan o cambio social e configuran un novo sistema social. Dende unha visión estática da historia, cualificouse como un período histórico de crise xeral no que concorren unha serie de fenómenos, en contraposición a outras épocas de maior esplendor ás que se desexa volver. A partir dunha perspectiva histórica evolucionista, defendeuse que todas as sociedades pasan por uns períodos de expansión, decadencia e morte que dan paso a sociedades superiores, nunha visión gradual e cíclica do progreso humano. As correntes historiográficas máis recentes superaron estas concepcións. Non existen uns períodos superiores e outros inferiores no desenvolvemento da historia, senón sociedades, sistemas sociais cualitativamente diferentes que son substituídos por procedementos dialécticos: ao tempo que se consolida un sistema desenvólvense nel elementos de contradición que loitan para lograr a súa desaparición.

Palabras veciñas

Década Moderada | Década Ominosa | Décadas | decadencia | decadente | decadentismo | decadentista