declive

declive

(< lat declĭve)

  1. s m

    Pendente ou inclinación dun terreo ou dunha superficie en relación a un plano horizontal.

    Ex: Tiveron que adaptar o terreo porque presentaba un enorme declive na súa parte dereita. OBS: Emprégase xeralmente seguido da prep en. Ex: Os terreos están dispostos en declive.

  2. s m

    Perda progresiva de vigor, forza ou calidade de algo ou de alguén cara á súa destrución.

    Ex: O declive da súa personalidade acentuouse co paso dos anos. A mala administración provocou o declive da empresa. OBS: Emprégase xeralmente seguido da prep en. Ex: Fixeron unha reportaxe de famosos en declive.

    Sinónimos: decadencia. Antónimos: apoxeo, auxe.