apoxeo

apoxeo

(

  1. s m [ASTRON]

    Punto da órbita da Lúa, dun satélite artificial ou, segundo a hipótese aparente, doutro astro, que se atopa máis distante da Terra.

    Ex: O apoxeo dese astro foi observado por milleiros de persoas.

  2. s m

    O punto máis álxido, en canto á importancia ou desenvolvemento que acada algo.

    Ex: O final do século XX significou o apoxeo das telecomunicacións e da informática.

    Sinónimos: esplendor. Antónimos: crepúsculo, decadencia, declive, ocaso. Confrontacións: cénit, cima, clímax, cume, cúspide.
  3. motor de apoxeo [AERON]

    Propulsor foguete adaptado a un satélite artificial ou artefacto espacial que se pon en funcionamento cando o vehículo se atopa no apoxeo, proporcionándolle o incremento de velocidade necesaria para transferilo a unha órbita máis afastada.

Palabras veciñas

apouvigar | apoxa | apoxar | apoxeo | Apoxiomenos de Lisipo | apoxove | appassionato*