crepúsculo
(
-
s
m
[ASTRON]
-
Claridade que existe no firmamento durante un certo tempo antes da saída do Sol ou tralo solpor. No primeiro caso recibe o nome de crepúsculo matutino ou alborada e, no segundo, crepúsculo vespertino ou ocaso. Durante os crepúsculos a luz medra ou mingua dun xeito gradual. Tanto a alborada coma o ocaso adoitan ir acompañados de cambios da coloración e da iluminación da parte do ceo por onde sae ou se pon o Sol. Estes fenómenos prodúcense pola refracción e dispersión da luz do Sol polas moléculas de auga e as pequenas partículas sólidas que hai nas capas baixas da atmosfera. A duración e as características dos crepúsculos dependen das condicións atmosféricas de cada día e de cada lugar.
-
Tempo que dura o crepúsculo.
Ex: Comezamos a viaxe durante o crepúsculo.
-
-
s
m
Proceso polo que unha situación se vai deteriorando ata que chega á súa destrución ou ruína.
Ex: Estivemos a estudar o crepúsculo do Imperio Romano.
Sinónimos: decadencia, declive, ocaso. Antónimos: apoxeo, esplendor.