crepúsculo

crepúsculo

(

  1. s m [ASTRON]
    1. Claridade que existe no firmamento durante un certo tempo antes da saída do Sol ou tralo solpor. No primeiro caso recibe o nome de crepúsculo matutino ou alborada e, no segundo, crepúsculo vespertino ou ocaso. Durante os crepúsculos a luz medra ou mingua dun xeito gradual. Tanto a alborada coma o ocaso adoitan ir acompañados de cambios da coloración e da iluminación da parte do ceo por onde sae ou se pon o Sol. Estes fenómenos prodúcense pola refracción e dispersión da luz do Sol polas moléculas de auga e as pequenas partículas sólidas que hai nas capas baixas da atmosfera. A duración e as características dos crepúsculos dependen das condicións atmosféricas de cada día e de cada lugar.

    2. Tempo que dura o crepúsculo.

      Ex: Comezamos a viaxe durante o crepúsculo.

  2. s m

    Proceso polo que unha situación se vai deteriorando ata que chega á súa destrución ou ruína.

    Ex: Estivemos a estudar o crepúsculo do Imperio Romano.

    Sinónimos: decadencia, declive, ocaso. Antónimos: apoxeo, esplendor.